Xa van 32 anos da primeira publicación de ‘Arraianos’, unha das obras máis destacadas de Xosé Luís Méndez Ferrín. Está dedicada á historia da raia, a zona fronteiriza entre España e Portugal e mereceu o Premio Crítica Galicia de narrativa galega, o Premio de la Crítica Española, e o Premio Losada Diéguez de creación literaria.
Desde aquel 1991 Arraianos foi cobrando forza e e cada vez máis importancia. Agora, a editorial Hoja de Lata, no seu décimo aniversario, a publica de novo nunha magnífica edición prologada por Bernardo Atxaga. É unha boa oportunidade para ler e rememorar as inesquecibles historias da raia.