Leva esta data o testamento outorgado en Nova Iorque polo que o ilustre filántropo José Policarpo Sanz Soto lega a nuda propiedade da case totalidade dos seus bens ao pobo vigués. Segundo o inventario levado catro anos máis tarde, a súa fortuna ascendía a preto de 350.000 pesos de ouro. Dedicaremos maior extensión a este importante legado ao rexistrar a data do 26 de agosto de 1890, día que foi lido o testamento de Policarpo Sanz en sesión extraordinaria do concello. 1 de xuño de 1888. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Editorial Xerais, 2008).