Saen a poxa as obras de desmonte e sumidoiros da rúa Transversal, que comunicará a do Príncipe co camiño da circunvalación; o valor das obras cífrase en tres mil pesetas.
Tamén se anuncia o remate da nova carnicería da Praza do Sol, en 18.000 reais. “Se a estas importantes obras seguen outras, como alpendres corridos para as vendedoras de legumes e para as froiteiras, casiñas chinas alugadas para a venda, aquela praza ofrecía desde logo tantos servizos como un bo golpe de vista e comodidade pública”.
Respecto ao “bo golpe de vista” parece que algo se gañou desde aquelas calendas; pero en canto á “comodidade pública”, non sabe un que pensar, señor da gaceta. Se puidese vostede dar unha volta por acó…
28 de decembro de 1876. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008)