Abel Caballero felicitou aos nenos premiados nesta edición e aos máis de 300 participantes, de diferentes centros vigueses, na undécima edición do concurso de postais que convoca anualmente Vitrasa co fin de recoñecer os mellores debuxos para ilustrar as festas da cidade.
O primeiro premio recaeu en Bruno Lago Miguélez, do colexio Monterrey; o segundo foi para Florencia Pérez González, do colexio San Fermín e o terceiro para Silvia Álvarez Bueno, do Colexio Divino Salvador. As súas creacións decorarán tres autobuses urbanos un vilino que se instalará no seu interior.
Trala entrega de premios, arredor de 150 nenos e nenas que asistiron ao acto, asistiron á proxección da película «Rogue one: unha historia de Star Wars».