A Compañía I.D.R.A.S. comezou onte os seus traballos en Rande co intento de recuperar os tesouros alí afundidos. A súa campaña prolongouse até decembro de 1929. Era o promotor desta nova empresa o enxeñeiro italiano D. José Pino, que polo seu propio esforzo intentara o salvamento vinte e catro anos antes con escasos resultados prácticos.
Nesta ocasión extraéronse 24 bandexas de prata, que estaban no casco do buque almirante inglés Price George. Tamén saíron á superficie corenta vaixelas de barro, intactas, tres delas contendo ainda viño branco… intragable. Se as crónicas non menten, foron estas bandexas de prata o froito máis logrado de cantos esforzos se fixeron por recuperar os tesouros españois de Indias. Pero, paradóxicamente, as bandexas eran inglesas…
5 de outubro de 1928. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008).