As citas cos roteiros serán os días 17 e 24 de outubro e o 7 de novembro e a inscrición comezará o 10 de outubro xa que existe un límite de participantes -ata 50- e farase por estricto orde de chegada dos correos.
Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (deben indicar a cal/es paseo/s irán), a partir do día 10 de outubro (inclusive) dende ás 10:00 horas.
O primeiro roteiro estará guiado por Marta Dacosta, con saída dende Paseo de Afonso XII (no extremo de Pi i Margall).
O do 24 de outubro estará guiado por Fran Alonso e partirá da rúa García Barbón ao pé das escaleiras que soben a Alfonso XIII.
Fran P. Lorenzo guiará o do 7 de novembro, que sairá da rúa Privada Moderna.