Unha das cousas máis galegas son as regueifas, unas disputas —que non chegas ser rifas— que cantan e improvisan dúas ou máis persoas. As regueifas non son unha tarefa doada, precisa grandes reflexos, unha mente áxil e facilidade de palabra. As persoas participantes van xerando textos cantados sobre un tema e as demais persoas contrincantes van respondendo co mesmo sistema.
É un espectáculo realmente curioso que forma parte da cultura do pobo galego. Neste sentido, é de subliñar a labor do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo (SNL).
O departamento SNL do Concello de Vigo promove numerosas actividades que fomentan e preservan a cultura e a lingua galega. Ao longo do ano promove, entre moitas actividades, cursos de lingua galega, exposicións, unidades didácticas, concertos de música galega, etc. E unha das actividades de maior relevancia son as regueifas.
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo (SNL) leva periodicamente as regueifas a diferentes rúas da cidade de Vigo e a fotografía, precisamente, corresponde a un destes espectáculos organizados na Praza do 8 de Marzo, na Avenida das Camelias, o pasado 15 de setembro, algo que debería xeneralizarse en beneficio da lingua galega e que resulta de gran aceptación popular.