Duns anos a esta parte todo o rueiro da cidade de Vigo está en galego. Hoxe, o conxunto de todas as rúas e aínda os calexóns van no idioma de Rosalía, de Pondal e de Manuel Antonio. Porén, tal como se mostra na fotografía, algún dos carteis aínda quedou sen mudar e aínda pode lerse “Plaza de la Independencia”, algo que resulta curioso e que seguramente foi motivado por algún esquecemento.
Menos mal que é unha placa do rueiro realtiva a un enderezo non franquista. O que non existe na cidade de Vigo, e que constituiría unha boa aportación cultural, sería unha placa complementaria ás existentes na que se explicara con brevidade a orixe do nome da rúa ou praza, do mesmo xeito que xa existe nalgunha outra poboación galega.