“Non puido celebrarse a noite do sábado a serenata coa que o concello desta cidade quería obsequiar ao señor Elduayen, actual vicepresidente do Congreso dos Deputados. O domingo foi dispensado este obsequio ao noso respectable amigo, o cal viuse rodeado dos moitos con que nesta cidade conta”.
“As oito deu comezo a serenata e rematou despois das dez, elevándose neste tempo bonitos globos e moitas e nutridas tiradas de foguetes de luces. A música da viola tocou moi escollidas pezas con especial bo gusto e afinación, coreando ademais un himno dedicado á S.M. o Rei don Alfonso XII, por cuxa exaltación ao trono o señor Elduayen traballou con notable interese”.
“A lembranza non podía menos que ser para o señor tan grato como oportuno, quen o demostrou escoitando os coros, de pé, no centro da sala do mesmo xeito que as numerosas persoas que o acompañaban. A concorrencia ao obsequio que o concello brindou ao señor marqués era moi numerosa-. O señor Elduayen gratificou con verdadeira prodigalidade e música e aos coros” (Faro de Vigo).
Cando lemos isto da “música da vila”, Vigo quédanos pequeno, recolleito e romántico como unha caixa de música napolitana coa súa paisaxe de atracadoiro, a súa diminuta nave a se mexer sobre un mar de papel e a súa docísima barcarola. Tras o escenario están o personaxe da levita, as consolas con fanais e, no aire, os globos e foguetes de cores”.
22 de agosto de 1876. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008).