Nace en Vigo D. Teófilo Llorente Diraychin. Eis a noticia biográfica que deste distinguido vigués nos dá D. José Espinosa Rodríguez: «En xullo do 44 ingresou como cadete no colexio xeral militar, pasando en setembro do 46 alumno á academia de enxeñeiros».
«Na súa folla de servizos consta a calidade de nobre. Rematados os estudos da academia, foi promovido a tenente o 17 de setembro de 1850».
«Pola súa brillantez coa que estudou a carreira, dedicárono a traballos profesionais da súa especialidade, que realizou na Península, en Cuba e Filipinas».
«Polo seu talento, retitude e modestia, deixou singular renome no corpo de enxeñeiros do que se retirou relativamente novo para residir na súa vila natal».
«Fixo testamento en 1905, instituíndo herdeiro de vinte accións do Banco de España, máis de 120.000 pesetas en títulos de Débeda Perpetua interior, ao concello de Vigo para que cos xuros deste capital socorrese aos pobres da localidade».
«D. Teófilo Llorente entregou a súa alma a Deus o 27 de marzo de 1905. Respectando a súa vontade exposta no testamento, non lle foron feitas honras fúnebres. O seu entero foi espontánea e sinxela expresión do sentimento de todas as clases sociais de Vigo».
«O concello desta cidade para render tributo de gratitude á súa memoria deu nome á rúa que antes chamaba de San Antonio». (Op. cit., páxs. 358-359).
4 de novembro de 1827. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008)