Anúnciase a visita de D. Miguel de Unamuno a Vigo, primeira cidade galega que o xenial e difícil vasco coñeceu. El mesmo deixounos un precioso testemuño nunha carta a un amigo, escrita na data rexistrada na marxe:
”E agora chámanme de Vigo para que dea alí na segunda quincena de xaneiro seis conferencias, pagándome estadías e viaxes e mil pesetas; as primeiras conferencias dunha serie delas nas que entrarán dona Emilia Echegaray, Cajal, Maeztu, etc. E isto embárgame, xa que sabes que non me gusta sair do paso nunca. Nas miñas seis conferencias de Ética social teño que formular un programa que hai tempo que maduro e é o de que os españois europeos non temos que erguer a bandeira da liberdade, senón a da Cultura. Chámanme de Vigo e en vez de soltar seis conferencias de economía política ou de lingüistica, farei unha sexta, seis sermóns laicos coa súa tintura de protestante. E falareilles tamén do culto á vida neste país que viviu no culto á morte…”(Véxase, “Galicia y Unamuno”, por Manuel García Blanco, en Oaoeles de San Armadáns, VII. 123-168).
14 de decembro de 1900. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008)