Nesta data asínase a capitulación da praza de Vigo, cercada polas tropas francesas. Corresponde ao comandante militar recentemente nomeado, o capitán de navío Juan de Villavicencio, que estaba en situación de retiro, a triste honra de negociar a entrega da vila, mais nesta misión delicada e difícil amosou dotes de diplomacia e talento que, non sen razón, se ten dito que a capitulación de Vigo fronte ao empuxe do até daquela invencible exército francés, debeu considerarse como unha manobra vitoriosa, en virtude das honrosas condicións en que foi entregada a praza. (Cf. J. De Santiago, Historia de Vigo p. 496).
31 de enero de 1809. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008).