Diversos grupos de xente ataviada cos típicos traxes galegos e provistos de instrumentos tradicionais: pandeiros, pandeiretas, gaitas, tambores, e incluso latas do pimentón, encargáronse de animar aos viandantes coa súa música. Deste xeito, na rúa do Príncipe, fronte ao museo de arte moderna Marco, que ocupa o mesmo edificio que otrora servira de cárcere e de tristes recordos para moita xente, montouse unha festa espontánea na que terminaron participando os propios transeúntes en animados bailes, e a fotografía, que semella unha imaxe antiga, é, na realidade, unha testemuña de que as tradicións, que non deben perderse, son totalmente compatibles co progreso.