Descóbrese na nosa cidade o monumento a o seu preclaro fillo D. Casto Méndez Núñez. Asisten ao acto o inventor do submarino, D. Isaac Peral, o contraalmirante Carranza, don Isidoro Méndez Núñez, marqués destes apelidos, autoridades e un inmenso xentío. Nos actos que se celebran con este motivo interveñen os orfeóns La Oliva, de Vigo; Los amigos, de Pontevedra, Orfeón gallego, de Lugo e as bandas municipais de música de Tui e Vigo e as dos rexementos de Murcia e Luzón.
O mesmo día foi descuberta a lápida conmemorativa na casa onde naceu Méndez Núñez, entón sé do Recreo Artístico. O monumento, un dos máis fermosos de Vigo, é obra do notable escultor Leopoldo Querol e foi custeado por subscrición popular pola iniciativa da “sociedade hixiénica e recreativa” Gimnasio, que fixo entrega do importe da subscrición ao concello na véspera da inauguración.
21 de agosto de 1890. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008).