A armada turca, que se atopaba apostada nas Cíes, trata de desmbarcar os seus homes, primeiramente en Coia, onde son rexeitados polas xentes apostadas nos campos veciños, e máis tarde no Areal, sendo tamén obrigados a reembarcar.
Nesta acción distinguiuse D. Baltasar de Sequeiros y Soutomaior, primeiro conde de Priegue, o cal “atopouse no posto da Pedra e no da Gamboa e a súa ribeira andando sempre a unha légoa da auga pelexando en todas as partes valentemente contra o inimigo dando mostras de moi grande soldado… e ademais diso como Procurador xeneral que era da vila, acudiu á ribeira do Berbés e tomou as chaves das lonxas de peixe salgado que había nelas… para que todo servise de mantenemento das xentes, facendo que se vendese a prezo moi baixo… e igualmente para que non houbese falta de pan, tomou moita cantidade del que tiña na súa casa para o seu sustento e deuno para a ocasión…” (Véxase a información completa en J. Espinosa, op. Cit., páxinas 369-370).
7 de decembro de 1617. Xosé María Álvarez Blázquez. ‘A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo’ (Xerais, 2008)