Atópase en Vigo onde ten boas amizades e vínculos familiares a ilustre escritora dona Emilia Pardo Bazán. Neste día visita a casa señorial de Santo Tomé de Freixeiro, en cuxo álbum deixa escrita esta fermosa páxina:
“O que reconstrúe o pasado, vai seguro. O porvir prepárase entre sombras e dúbidas e, se non descansa no pasado, vén ao chan. Sazonado polo sol dos séculos, o pasado é froita doce e boa; a casa que labraron os país dá sombra amorosa á cabeza dos fillos. Cando a aristocracia se mofa do pasado e dispersa tolamente as súas sagradas cinsas, é máis culpable que as xentes en revolución arrasando monumentos e queimando tesouros. Contra o ataque, hai defensa; contra o suicidio, non. Defende o teu pasado, querido Xavier. Os vellos carballos falan rudamente coa forza dos seus touros e das súas seculares raíces; as pedras cubertas de lique amarelo teñen alma e os mortos están vivos mentres sexan lembrados e continúa a súa obra”.(Cfr. José Espinosa, op. Cit. Páx. 362).
15 de setembro de 1908. Xosé María Álvarez Blázquez. ‘A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo’ (Xerais, 2008).