Segundo informan desde a Marea de Vigo o encontro serviu para tratar dos escenarios políticos tras as Municipais e «como deben materializarse en accións concretas cara o achegamento da política municipal ás necesidades da cidadanía, posto que é nos concellos onde se fai a política máis próxima ás persoas, e desde este contexto e desde onde deben saír as accións que incidan directamente na vida cotiá da cidade».
Entre outros temas, abordáronse cuestións como a remunicipalización dos servizos públicos (auga, transporte…), os concursos públicos e os modos nos que se empodera o asociacionismo veciñal desde o concello.
Manuela Carmena estivo este mércores en Vigo para participar na homenaxe os avogados laboralistas Fernando Randulfe e Elvira Landín, homenaxe ó que se suma a Marea de Vigo, valorando a súa traxectoria como necesaria na defensa dos dereitos da clase traballadora e sendo referentes para toda aquela persoa que se defina como defensora dos dereitos das e dos traballadores nesta cidade.