O alcalde afirmou que “do que non vive Vigo é de das intencións de Feijóo de pechar o aeroporto de Vigo, pagando axudas aos vóos de Santiago e A Coruña ou levándose a Caixanova de Vigo para tapar a quiebra de Caixagalicia.
En verbas de Caballero, Vigo tampouco vive de Feijóo subvencionando as orquestras Sinfónicas de A Coruña ou a Filarmónica de Santiago, “sen dar un céntimo ás orquestras da cidade”, tampouco “vive Vigo dos centos de millóns que se enterraron no Porto Exterior de A Coruña”, mentres seguen sen contratar a estación de Tom Mayne o a estación intermodal do AVE na nosa cidade.
Seguiu falando de infraestruturas, aseverando que “non vivimos de que o AVE chegue de Madrid a Santiago ou A Coruña e non a Vigo; ou de que se constrúa en Vigo o único hospital privado de Galicia que, ademais, non ten laboratorio o que supón un perigo de morte, segundo os propios facultativos, argumentou.
Falou tamén do paro. «Os que teñen a competencia e a obriga gastan os cartos dos plans de emprego noutros lugares e non en Vigo”. Neste punto, Caballero reiterou o seu compromiso coa mocidade nun encontro e lembrou que «o Concello é a única administración que conta cun Plan de Emprego Xuvenil, dotado con medio millón de euros para xeración de emprego directo e subvencións de contratación indefinida». Referiuse tamén «á posta en marcha da Uned, cada vez con máis titulacións e financiada integramente polo Concello, á aposta polo fomento do deporte, coa construción dun novo polideportivo en Navia, novos campo de fútbol, remodelación de pistas, incremento de axudas a clubes e, de xeito inmediato, a contratación de monitores e adestradores a cargo do Plan de Emprego Municipal».
Tamén mencionou programas como Súbete ao Castro, ao Vigosónico ou a iniciativas de voluntariado medioambiental, o Camiño a Camiño ou as hortas urbanas. Por último, mencionou as bolsas de inglés, que «xa permitiron que preto de 2.400 alumnos de Vigo gozaran dunha estancia no Reino Unido e en aprendendo inglés».
O programa de adecuación de medianeiras e outros espazos públicos no que participaron moitos artistas mozos desta cidade tamén foi mencionado polo alcalde. Respecto do transporte público, lembrou o «apoio municipal coa tarxeta verde e o reforzamento das lanzadeiras ao Cuvi».