Cal sería a prioridade absoluta do seu mandato no Concello de Vigo?
Convocar á clase obreira e o pobo a organizarse en Comités Populares en cada barrio, dotados de plena autoridade para desenvolver o programa poñendo no centro as necesidades máis sentidas e urxentes.
Como xeraría máis emprego dende o goberno local?
Desestimando as directrices provintes da UE e dos Gobernos central e autonómico que suprimen gastos sociais, (có que amosan o seu desprezo polo destino de milleiros de familias traballadoras). Será necesaria a forza de todo o pobo, organizado e disciplinado. Investir en crear traballo, e non en prevendas ás multinacionais. Velaí un desafío que disgustará a algúns.
Deixará o barco na rotonda de Coia? E a vixilancia policial?
Supoño que o máis razonable sería aquelo que menos gastos superfluos supoña cara ao futuro. E romper coa dinámica do despilfarro en xoguetes… Pero debería de ser posto a consideración do Comité Popular do barrio de Coia en asemblea, claro. Entendemos que o benestar do pobo reduce as actividades delictivas. O noso modelo de seguridade vai máis orientado a milicias populares que a un incremento do gasto en policía…
Está a favor de dar axudas ás compañías aéreas?
As empresas deben de estar ao servizo dos e das traballadoras, non ao revés. Supoño que a meirande parte da poboación desta cidade viaxa con pouca frecuencia en avión, por qué entonces haberíamos de «axudar» a eses empresarios cós nosos impostos? As e os comunistas non cremos que empresa e obreiro teñan os mesmos intereses. No capitalismo é xustamente ao contrario.
En Vigo aínda queda moito por facer en …
Poñer a cidade ao servizo das traballadoras/es, dos ancians, dos barrios. O capitalismo prima a superficie, o decorativo. As obras vistosas ocultan a sua esencia corrupta. As e os comunistas queremos cidades onde o lecer, o repouso e a cultura, sexan posibles en cada barrio. Onde o desemprego non exista, e os rapaces e rapazas teñan lugares fermosos para se reunir, non sentados en cartóns nos portais como os teño mirado… Vigo é unha cidade obreira e o que necesita é un enfoque comunista de poder. O poder da maioría obreira.
Que lle diría aos que se opoñen á reforma de Balaídos por considerala un gasto excesivo no medio da crisis económica?
Estamos polo deporte popular, pola creación de canteira. Cremos que os grandes clubes comerciais deben de apañarse nos seus negocios coas cotas dos socios. Dende logo hai para nós outras prioridades…
Becas de inglés, ¿si ou non?
Becas para as e os fillos da clase obreira, todas as do mundo. O acento especial que pon a alcaldía actual nas becas de inglés, ao noso entender parte do suposto de que a mocidade de Vigo está condenada á emigración. Nós non o cremos así. Unha economía planificada, comunista, garantiza un emprego do 100%. Por iso non nos basta có poder municipal. Hai que construir o socialismo-comunismo en todo o Estado.
Cal é o xeiro de combatir a pobreza dende o Concello?
Obviamente, crear emprego.O pobo non quere esmola. O demáis son medidas paliativas e só serven para un comenzo moi breve. En canto as expresións concretas da pobreza, á carencia de fogar, cortes de luz e auga, etc, son absolutamente inadmisibles. Esas hai que combatelas sobre o terreo. Poñendo todos os medios enriba da mesa. Expropiar aos expropiadores é algo perfectamente de senso común. Sancionar ás empresas especuladoras é unha das obrigas dun goberno obreiro.
Está dacordo coa entrega de cheques sociais?
Os paliativos son necesarios para un goberno calquera que non considere posible combater ao capitalismo e vencelo. Os comunistas non nos contentamos con tan pouco. O que se restitúe á clase obreira é umnha parte ínfima do que se lle quitou en plusvalías, en horas traballadas e non cobradas. Mentres os monopolios e a banca teñen beneficios obscenos, non hai cheque que lle lave a cara ao poder político burgués. E para poñer en marcha unha campaña sobre o tema coas eleccións ao caer hai que ter un estómago… A clase burguesa sempre se distinguiu pola súa hipocresía. Os comunistas loitamos por un Vigo, unha Galiza, unha España e un Planeta libres da explotación das maiorías por minorías ínfimas. De camiño nesa loita, os paliativos irán sendo cousa do pasado. As «axudas» serán innecesarias nun Vigo con paro cero. E ese Vigo é o que queremos construir os e as comunistas, coa axuda de toda a clase traballadora.
E suficiente a oferta museística da cidade?
Nengún gasto en cultura debe ser escatimado. A cultura é un dereito e unha necesidade de todos. Debe promover, tal como o vemos os comunistas, a aprendizaxe e a actividade creadora de todos/as traballadores, e non ser un luxo de minorias.