Cal sería a prioridade absoluta do seu mandato á fronte do Concello de Vigo?
O emprego e a defensa irrenunciable dos servizos públicos municipais.
Como xerará máis emprego desde o goberno local?
Gañemos Vigo elaborará un Plan de desenvolvemento local para Vigo e apostará por un cambio de modelo económico. Ese Plan Estratéxico de Desenvolvemento Local de Vigo debe fundarse na necesidade de superar os sectores económicos tradicionais de Vigo. Non podemos seguir baseando a nosa economía no sector naval, a automoción e o comercio. Gañemos Vigo cre necesario impulsar cinco novos sectores: o aeroespacial, das telecomunicacións, ciencia, medicina e o medio ambiente (investigacións biomédicas, investigacións mariñas, sector farmacéutico…), un sector financeiro propio e o sector cultural.
Manterá o barco na rotonda de Coia? E a seguridade policial?
Mantería o barco na rotonda, aínda que explicaría aos veciños e veciñas o custo dunha posible retirada. Gañemos opina que agora sería absurdo retirar ese barco pois xeraría un gasto innecesario. Retiraría a protección policial, sempre favorecendo o diálogo e o consenso coa xente de Coia.
Está a favor de dar axudas ás compañías aéreas?
Non. Baixo ningún concepto subvencionariamos a empresas privadas. O que Vigo necesita é maior actividade comercial e turística que xere maior tráfico aéreo cara á nosa cidade.
En Vigo aínda queda moito por facer en …
En ordenación do territorio municipal, urbanismo, alugueiros sociais, servizos públicos e apoio aos sectores máis humildes.
Que lle diría aos que se opoñen á reforma de Balaídos por consideralo un gasto excesivo no medio dunha crise económica?
Efectivamente é un gasto excesivo. Creemos que ese gasto pode esperar… Non sería unha prioridade de Gañemos Vigo.
Bolsas de inglés, si ou non?
Bolsas de inglés e doutras áreas de formación si, pero con maior control na súa concesión.
Cal é a forma de combater a pobreza desde o Concello?
Creando unha renda mínima de inclusión social, é dicir, unha prestación económica mínima para a satisfacción de necesidades básicas de alimentación, luz e auga daquelas viguesas e vigueses sen recursos
Está de acordo coa entrega de cheques sociais?
É necesario redefinilo e ampliar a súa contía.
É suficiente a oferta museística da cidade?
Non. É necesario crear novos museos ou reformar algún dos existentes. Gañemos crearía unha rede museística e redefiniría a actual oferta creando algúns novos como o Museo da Emigración.