Cal sería a prioridade absoluta do seu mandato no Concello de Vigo?
A primeira prioridade sería a de por en marcha a constitución dunha nova Caixa de Aforros Metropolitana en Vigo. Non por nostalxia da caixa perdida, en absoluto, senon pola súa enorme utilidade práctica para fornecer de crédito ás pequenas empresas, ao comercio de Vigo e as familias viguesas. O aforro é un ben escaso e Vigo non pode permitir que o noso aforro serva para investir fóra sen xenerar emprego e riqueza aquí.
Cómo xerará máis emprego dende o goberno local?
Esta Caixa de Aforros sería xa moi útil. Axudaria as pemes, ao comercio local, as pequenas empresas, a poder sobrevivir ante a falta de credito da banca que en moitas ocasións os afoga. Sen aumentar o orzamento municipal podería axudarse a manter e crear emprego coa axuda desta nova Caixa de Aforros. Funcionou en Vigo durante décadas e funcionan as Caixas de Aforros en países avanzados e sólidos económicamente como Alemaña.
Deixará o barco na rotonda de Coia? E a vixilancia policial?
O barco de Coia debe ser trasladado ao Museo do Mar. Lugan onde en xustiza e por simple sentido común debe descansar este histórico barco vigués.
Está a favor de dar axudas ás compañías aéreas?
Hai que potenciar o noso aeroporto como parte da centralidade que Vigo debe liderar na eurorrexion Galicia-Norte de Portugal. Hai moitas maneiras de potenciar as liñas aéreas. Non só con axudas se pode incentivar para que manteñan os seus voos a Vigo. Outro mecanismo que a aeroportos semellantes ao noso sonlle útiles sería a de reducir as taxas que os avións pagan pola utilización do aeroporto.
En Vigo aínda queda moito por facer en…
En todo!
¿Qué lle diría aos que se opoñen á reforma de Balaídos por considerala un gasto excesivo en medio dunha crise económica?
É un gasto que xa está aprobado e principiando a súa execución. Agora o que cómpre é que as obras rematen en prazo e os custes finais non se disparen nin sexan maiores dos previstos.
Bolsas de inglés, ¿si ou non?
Si.
Cal é o xeito de combatir a pobreza dende o Concello?
No noso programa levamos a proposta de constitución dunha Mesa Técnica ao respecto que aborde as problemáticas de pobreza, exclusión social… colaborar coas ONG que traballan e moito, colaborar coas diferentes administracións implicadas, optimizar e racionalizar os recursos, coordinar e planificar desde a máxima racionalidade. Pode e debe facerse moito na loita contra a pobreza. Pero é imprescindible a coordinación e planificación. Non a improvisación.
Está dacordo coa entrega de cheques sociais?
Sería a Mesa Técnica da que falamos no programa de Compromiso por Galicia a que decidira todos os mecanismos de loita contra a exclusión social e neste senso o cheque social é unha das ferramentas.
Chega a oferta museística da cidade?
Si. Pero hai que encher os museos de contido, de actividade, de vida cultural. De nada valen grandes cascaróns que pouco o nada teñen dentro.