O líder da coalición de esquerdas compareceu ante os medios tras escrutarse o 50% dos votos. Ademais de valorar como un éxito os resultados obtidos en Vigo, tamén se congratulou polos que lograron noutras cidades de Galicia formacións irmás da que el dirixe. «A cidadanía premiou a unidade. Convertemos ás Mareas nun referente do proceso de ruptura que vai a suceder no estado a finais de ano. É un resultado moi bo. Melloramos as expectativas, tendo en conta que foi unha campaña difícil, na que resultou complicado adquirir visibilidade con 17 formacións concorrendo ás eleccións», explicou.
Por outra parte, Rubén Pérez lamentou que o candidato do PSOE Abel Caballero lograse a maioría absoluta. Anunciou que a súa coalición será inflexible dende a oposición. «Non nos gusta a maioría de Abel Caballero. Imos ser implacables. A Marea se convirte nun referente da esquerda. Van ser catro anos de oposición dura e contundente».
Tamén se referiu ao BNG, o gran perdedor en Vigo tras estas eleccións. Marea absorbeu boa parte do seu electorado e Pérez cre que a formación nacionalista «pagou a indefinición na súa política de oposición. Pero non estamos contentos con que non teña representación. Serafín Otero é un referente do sindicalismo».