Cal sería a prioridade absoluta do seu mandato no goberno local?
En Vigo hai moito paro e pobreza. Facer labor social. Colaborar co as asociación que atenden aos mais necesitados, sobre todo persoas sen ingresos e que teñen familia ao seu cargo.
Como xerará máis emprego dende o Concello?
Desenvolvendo o Plan Xeral e coidando das pequeñas e medianas empresas, emprendedores, dando axudas económicas se fora preciso.
Deixará o barco na rotonda de Coia? E a vixilancia policial?
Desguazar e retiralo barco supón uns custes elevados que sería sumar outro despropósito, a menos que se dira unha reivindicación popular partidaria de retiralo. Eso si, tampouco se gastaría un euro máis en vixialo.
Está a favor de dar axudas ás compañías aéreas?
Os aeroportos deben ser rentables. Tapar perdas con subvencións carece de sentido. Pode haber pequenas axudas puntuais se con esto se asegura a rentabilidade e servizos a longo prazo pero non converter as institucións públicas en sustitutos da demanda de mercado.
En Vigo aínda queda moito por facer en…
En infraestruturas e servizos sociais.
Que lles diría aos que se opoñen á reforma de Balaídos por consideralo un gasto excesivo en medio dunha crise económica?
A todos nos gustaría unha mellora no estadio pero investir tantos millóns de euros nunha infraestrutura que de momento, durante uns anos, pode seguir a ser perfectamente útil, non parece prioritario cando hai ruas sen saneamento ou sen pavimentar ou xente pasando penurias, con mendigos en cada esquina de Vigo.
Bolsas de inglés, si ou non?
O inglés é o idioma de contacto mudial e , como tal, hai formar á xuventude para que o manexe adecuadamente. Non obstante esto non debe facernos esquecer a protección da cultura propia. Os gobernantes teñen que deixar de ver a lingua nosa como un snobismo oportunista ou una peza mais do folklorismo galego. Manexamos unha lingua da que forman parte uns 250 millóns de persoas. Non se lle debe dar prioridade a unha lingua foránea sobre a lingua propia.
Cal é o xeiro de combatir a pobreza dende o Concello?
Primeiramente paliar os efectos da mesma con prestacións sociais e logo dinamizar a economía cos medios mencionados anteriormente.
Está dacordo coa entrega de cheques sociais?
As axudas a necesitados non deben realizarse con entregas de diñeiro por que moitas veces poden esconder clientelismo, cuantias exccesivas ou malgasto das axudas por parte dos que as reciben. Débense prestar axudas nas necesidades básicas, subvenionando ás organizacións que prestan servizos socias ou abaratando servizos municipais de primeira neesidade para familias en precario
É suficiente a oferta museística da cidade?
A cultura, con maiúsculas e en xeral, non sole ser una prioridade para os concellos. Queda bastante por facer.