O xa candidato considera que Vigo está a vivir un momento de parálise empresarial, sen solo industrial nin PXOM aprobado. “Isto no final ao que leva é á falta de xeración de emprego e á falta de xeración de riqueza. A cidade leva mais de oito anos parada”, comentou.
Por outra banda, Cortés ve necesario activar área metropolitana de Vigo para adoptar “políticas conxuntas entre as administración, que facilitarían o desenvolvemento industrial e empresarial de Vigo”, dentro do eixo da eurorrexión, onde “está a perder relevancia a favor da cidade de Porto e do porto de Leixões”.
Alén diso, considera “unha necesidade” que se poñan en marcha o transporte metropolitano e servizos públicos compartidos “para conectar a comarca” e “optimizar” os recursos públicos.