Estas aportacións, xunto coas que se están a recibir a través dunha aplicación á que se accede dende da súa páxina web, así como as que xurdan nos encontros que están a ter lugar con colectivos sociais e representantes dos diferentes barrios e parroquias da cidade, conformarán o Programa Electoral Aberto da Marea de Vigo.
A primeira das presentacións tivo lugar na céntrica Farola de Urzaiz. Alí os candidatos e as candidatas explicaron as liñas xerais da proposta do partido e escoitaron suxestións para a súa acción política no Concello.
Marea de Vigo agarda ser determinante para que o vindeiro Goberno local “desenvolva unha actuación máis social que contribúa a reducir as desigualdades nun xiro cara a políticas verdadeiramente progresistas”.