En segundo lugar, a Xunta Electoral Central ten o seu propio criterio; non é esta unha decisión política senón dos técnicos da concellería de Seguridade do Concello de Vigo.
A Lei Orgánica 5/1985 de Réxime Electoral Xeral (LOREG) regula as actuacións dos partidos políticos desde a convocatoria de eleccións. Polo tanto, estando convocadas eleccións xerais por Real Decreto 129/2019 de 4 de marzo -publicado no BOE do 5 de marzo-, procede ter en conta o seguinte:
– O artigo 50.5 da Lei Orgánica Electoral Xeral establece que “salvo no disposto no apartado 1 deste artigo (que se refire ás campañas institucionais), ningunha persoa xurídica distinta das mencionadas no apartado anterior poderá realizar campaña electoral a partir da data de convocatoria das eleccións, sen prexuízo do establecido no artigo 20 da Constitución”.
– O artigo 53 da LOREG establece que, “desde a convocatoria de eleccións ata o inicio legal da campaña, queda prohibida a realización de publicidade ou propaganda electoral mediante carteis, soportes comerciais…, non podendo xustificarse ditas actuacións polo exercicio das actividades ordinarias dos partidos, coalicións ou federacións recoñecidas no apartado anterior”.
A Xunta Electoral Central ten interpretado este artigo en reiteradas ocasións, sendo doutrina deste órgano a de considerar prohibida “a exhibición de fotos dos candidatos ou de carteis coa denominación, siglas ou símbolos dunha formación política”.
O Concello recorda que se esta forza política cumpre a normativa obterá a autorización correspondente, ao igual que calquera outra, «pero se ve que queren notoriedade». ?