«Marea de Vigo logrou manter a unidade da esquerda na cidade e mesmo aumentar o consenso con respecto á pasadas eleccións municipais», sinalou o secretario xeral de Podemos en Vigo, Xaquín Pastoriza, quen manifestou a súa ledicia polo feito de que o seu compañeiro de fomación aceptara a invitación da Marea de Vigo.
Pastoriza asegura que “esta visita reafirma a aposta de Podemos pola Marea de Vigo como espazo aglutinador das forzas de esquerda na cidade”. Pola súa banda, o candidato á alcaldía da Marea de Vigo, Rubén Pérez, expresou a súa satisfacción polo feito de que Iglesias veña a Vigo, o “da unha medida da preocupación por esta cidade das personas que forman parte do Grupo Parlamentario de En
Común-Unidas Podemos no Congreso dos Deputados”.
Rubén Perez anuncio que nos vindeiros días anunciarase o lugar e a hora deste encontro da Marea de Vigo coa cidadanía. Pablo Iglesias xa estivo no Auditorio Mar de Vigo durante as pasadas Eleccións Xerais.