Xabier Pérez Igrexas venceu a aqueles que vaticinaban un novo fracaso ao non ser un candidato coñecido e logrou un concelleiro, quedando a menos de mil votos de sumar un segundo representante. O líder do BNG vigués mostrouse “moi contento” polo resultado e por ser a “única forza alternativa que sube”.
Recibido entre aplausos polos seus, Igrexas prometeu traballar para “multiplicar este apoio” e “ser un exemplo que dea voz aos vigueses”. Igualmente, agradeceu ao seu predecesor, Serafín Otero, o “traballo” feito e herdado. Por último, chamou a Caballero a “saber xestionar a mayoría”.