A formación que se impartirá centrarase nas seguintes áreas: atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (curso de 450 horas), docencia da formación profesional para o emprego (380 horas), promoción turística local e información ao visitante (690 horas), xestión de chamadas de tele asistencia (310 horas), comunicación en Lingua Castelá (120 horas), competencia matemática (120 horas) e comunicación en Lingua Galega (25 horas).
En verbas da presidenta da institución, Carmela Silva, «estes cursos van en liña cun dos nosos grandes obxectivos, que é o impulso e o fomento do emprego así como a mellora da empregabilidade das persoas desempregadas.»
Silva tamén sinalou que «poñemos en marcha un novo programa formativo dirixida a aquelas persoas que por mor da crise non teñen a formación suficiente para ter espazos de empregabilidade que lles permitan acceder a un posto de traballo. De feito todas as accións foron elixidas en función da demanda que hai deste tipo de persoal no conxunto dos sectores económicos da nosa provincia».