Este programa, sufragado ao 80% con fondos europeos formará a 165 persoas menores de 30 anos, cun tope de 15 beneficiarios por curso.
A formación inclúe creación e xestión de microempresas, confección e publicación de páxinas web, cociña, restaurantes e bar, comunicación en linguas estranxeiras, sensibilización en igualdade de oportunidades e alfabetización informática.