Axentes da Policía Autonómica de Vigo detiveron este mércores a un home como presunto autor dun delito de violencia de xénero. Os axentes desprazáronse ata o domicilio da vítima a requirimento da Policía Nacional tras recibir o aviso de que se podía esta producindo un episodio de malos tratos.
O arrestado, que estaba baixo a influencia do alcohol, agrediu presuntamente á súa parella, que tivo que refuxiarse na casa dun veciño en compañía do seu fillo. A muller mostraba unha ferida no pé e hematomas nos brazos, pero non quixo recibir asistencia médica.
No interior da vivenda, os axentes procederon á detención do varón e tramitaron as dilixencias na Comisaría da Policía Nacional de Vigo. Actualmente, a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 253 vítimas de violencia de xénero.