O ferido foi trasladado na Salvamar Mirach ao Porto de Vigo, onde lle agardaban os técnicos de Urxencias Médicas. O axente forestal da illa se puxo en contacto co 112 Galicia ao empeoraren as lesións do traballador, que onte sufriu unha caída e golpeouse na cabeza e nunha perna. Tras recibir a chamada, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia informou a Salvamento Marítimo e os servizos sanitarios de urxencia.