Por provincias, a de Pontevedra é que está a rexistrar maior número de incidencias con un total de 144, A Coruña con 72 incidentes, Lugo con 27 e por último a de Ourense con un total de 18 incidencias rexistradas. En canto aos Concellos, na provincia de Pontevedra, o de Vigo foi un dos mais afectados con un total de 23 incidencias, tamén o de Soutomaior con un total de 7. Na provincia da Coruña, o de Santiago de Compostela foi un dos Concellos con mais incidentes rexistrados, un total de 7, 4 as xestionadas no de Boiro, Muros e Bergondo entre outros. O Concello de Lugo con 6, o de Navia de Suarna con 4 son os mais afectados da provincia de Lugo. E por último, na provincia de Ourense o de Ribadavia con 7 incidentes xestionados e, entre outros, o de Viana de Bolo con dous incidentes.
Aínda que, no CIAE non constan incidencias nas que houbese que lamentar danos persoais, a caída de árbores e pólas en estradas, vivendas anegadas, incidentes de prevención de risco, bolsas de auga en estradas son as que mais se repetiron durante este período de tempo.
Cabe destacar, no termo municipal pontevedrés das Neves, a caída á rúa de tellas e parte dun tellado dunha casa deshabitada. En Chantada (Lugo), derrubouse unha casa habitada, por fortuna, ningún dos habitantes resultou ferido. Tamén, un tellado dunha casa caía esta tarde por mor do vento en Fene (A Coruña), no lugar das Tellerías. O alertante que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, indicou que na casa viven dúas persoas pero, ningunha delas, resultou ferida. En Pontevedra, unha árbore caía este mediodía sobre un turismo que circulaba pola PO-10 causando, unicamente, danos materiais.