Ademais da prórroga do prazo, a resolución permite a presentación de ofertas polos propietarios de terreos que teñen parte da súa superficie fóra do ámbito do plan parcial e que actualmente non se poden segregar.
Os titulares comprometeranse a solicitar a segregación no prazo máximo de 15 días dende a aprobación da modificación do plan parcial, adquirindo a Xunta exclusivamente a parte dos mesmos que se atopa dentro do plan parcial.
A resolución publicada hoxe establece que tamén se poderán admitir ofertas de terreos cuxo acceso á propiedade, por herdanza inter vivos, se fixese entre o 30 de xuño de 2016 e o 20 de abril de 2018, data en que se publicou no Diario Oficial de Galicia a oferta pública de adquisición de solo por permuta.
Estes terreos poderán permutarse por edificabilidade en mazás de vivenda colectiva. Tamén poderán optar ás parcelas destinadas a vivenda unifamiliar se queda algunha vacante despois da adxudicación polo procedemento ordinario establecido na oferta pública de adquisición publicada en abril.