No caso de Ferrería 8 presentáronse un total de 48 solicitudes das que 38 foron admitidas, abríndose un prazo de sete días hábiles para que as dez candidaturas excluídas provisionalmente presenten a documentación necesaria para emendar os motivos que motivaron a súa non admisión.
No caso de Cruz Verde 8 foron 50 as solicitudes presentadas, das que foron excluídas provisionalmente 11.
Tanto Ferrería 8 como Cruz Verde 8 son vivendas unifamiliares de varios dormitorios e distribuídas en varias plantas situadas na denominada Zona Alta do Casco Vello de Vigo. Na súa rehabilitación o CCVV investiu unha cantidade próxima aos 310.000 euros de acordo cos proxectos dos arquitectos Alberto Cebral Loureda e Ramón Vietez Martínez no primeiro caso e Emilio Estévez Fernández no segundo.
As superficies útiles de ambas as edificacións superan os 115 metros cadrados e no seu equipamento figuran nas plantas baixas espazos aptos para a instalación de oficinas ou estudos profesionais.