Trátase, en concreto, dunha construción unifamiliar situada no número 24-26, da citada rúa, que conta cunha superficie de 53,84 metros cadrados, na que se sitúan un dormitorio, un cuarto de baño, un vestidor, un salón-comedor/cociña e un lavadoiro.
Os interesados en participar neste proceso de selección contan desde este martes cun prazo de quince días hábiles para facer chegar ao IGVS o formulario requirido para poder participar no sorteo desta promoción, sendo unha condición imprescindible que se atopen neste momento inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de la Xunta de Galicia.
A vivenda, que corresponde ao Baixo A de esta edificación, está cualificada como protexida de promoción privada en Réxime Concertado e ofértase na modalidade de compra; o prezo fixado na resolución é de 89.842 euros.