Este foi un dos asuntos abordados na Xerencia de Urbanismo, que tamén iniciou o expediente para convocar subvencións para a rehabilitación integral nos cascos históricos. Cun importe de 1,3 millóns, financiaranse 63 actuacións no Casco Vello, 31 en Bouzas, 15 no grupo de Casas Santa Clara e 50, nas rúas Bueu e Moaña.
Unha vez que se publique a convocatoria, determinarase o prazo para a presentación de solicitudes, tendo en conta sempre que as obras teñen que estar rematadas antes de decembro de 2019. O volume máximo de subvención é do 45% do volume das obras que realice cada particular.